Noticias de Investigaci贸n
Creación do catálogo de grupos de investigación do sistema público de I+D+I de Galicia, así como o establecemento das regras para o seu correcto funcionamento e a creación do correspondente ficheiro de datos de carácter persoal. Poderán inscribirse no catálogo os grupos de investigación de Galicia pertencentes aos seguintes axentes do sistema público de I+D+I.
1. Universidades públicas galegas.
2. Organismos e centros públicos de investigación radicados en Galicia.
3. Centros de investigación da rede sanitaria pública galega que realicen actividades de I+D+I.
Producida a inscrición dun grupo de investigación no catálogo, a dirección xeral que teña atribuídas as competencias en materia de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación proporcionaralles aos membros do dito grupo o código identificativo que deberá ser utilizado para a presentación de solicitudes e documentación requiridas nas futuras convocatorias de apoio aos grupos de investigación convocadas pola consellería que desempeñe as competencias en materia de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación.
Dirección electrónica para solicitar a inscrición: http://www.conselleriaiei.org/dxidi).

Convocatoria de bolsas-colaboración para o curso académico 2008/2009 . Estas bolsas destínanse a facilitar ao alumnado do último curso de estudos universitarios a súa colaboración en distintos departamentos, en réxime de compatibilidade cos seus estudos. Entre outros requisitos, o solicitante debe presentar un proxecto de colaboración debidamente avalado e puntuado polo consello do departamento no que éste vaia a desenvolverse. O dito proxecto versará, en todo caso, sobre algunha das materias troncais ou obrigatorias para a obtención da titulación que se esté a cursar. O proxecto describirá polo miudo as funcions que se vaian a realizar durante a colaboración, así como o réxime de traballo e horario que deberá cumplir o bolseiro/a.
Na valoración do proxecto terase en conta o contido innovador e a aplicabilidade do traballo a desebvolver tanto no propio departamento como fora do mesmo así como a posible continuidade en futuros proxectos de investigación e a aplicación das novas tecnoloxías nos métodos de traballo. ...
Investigadores de Psicoloxía da USC desenvolven un modelo pioneiro en España para abordar con eficacia a mediación nas rupturas de parella. Un equipo de investigadores da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago está a desenvolver un proxecto centrado na mediación en conflitos familiares, en particular nas rupturas de parella, tanto nos casos de separación como nos divorcios. Recompilaron casos de toda Galicia e Portugal para probar este modelo, co que se busca que as separacións sexan o menos traumáticas posible. ...
Convocatoria de axudas á investigación 2008 do Instituto de Estudios Ceutíes.. Poderán concorrer investigadores de calquera nacionalidade, individualmente ou formando equipo.
A finalidade é o estudo e a recompilación de novos datos sobre a realidade ceutí e do seu entorno. Na concesión das axudas priorizaranse os proxectos que versen sobre campos pouco estudados e especialmente aqueles que traten os temas sinalados no Anexo da convocatoria. ...
XI Bolsas de investigación Max Aub "hablo como hombre". A Fundación Max Aub ten como finalidade investigar a vida de Max Aub. Por iso convoca tres bolsas de investigación.
Poderán participar todas aquelas persoas de calquera nacionalidade, que sexan licenciados, doutores universitarios ou con suficiente aval científico a criterio do Xurado. ...
Concurso científico Premios á investigación 2008 da Real Academia de Doctores de España. Poderán tomar parte no Concurso os doutores de nacionalidade española que leran a tese obtendo o Grado de Doutor Sobresaliente cum laude no curso 2007/2008 do 1 de outubro do 2007 ao 30 de setembro do 2008, ámbolos dous inclusive. ...
Convocatoria 2008 premios MEDES-Medicina en Español da Fundación Lilly. Premios á mellor iniciativa editorial, á mellor publicación de investigación orixinal e á mellor publicación de investigación secundaria ou de síntese de coñecemento.
Poderán ser candidatos investigadores, ou grupos de investigadores que desenvolvan a súa actividade en centros sanitarios e/ou centros de investigación, públicos ou privados. Asi mesmo poderán ser candidatos aquelas empresas editoriais que produzan literatura científica ou biomédica en español. ...
Bolsas de colaboración curso 2008-09.

Estimado Director:

O Ministerio de Educación, Política Social e Deporte ven de asignar a USC 125 Bolsas de Colaboración para o curso 2008-09, destinadas a iniciar nas tarefas de investigación ao alumnado do último curso do segundo ciclo que preste a súa colaboración nun Departamento, en réxime de compatibilidade cos seus estudos.

Para a asignación destas bolsas a USC abre un prazo para que os Departamentos e Institutos de Investigación comuniquen o seu interese en recibir bolseiros da antedita convocatoria e o número de bolsas que solicitan. Esta información debe comunicarse por correo electrónico á dirección cittinfo@usc.es antes do vindeiro 4 de xullo.

CRITERIOS DE DISTRIBUCIÓN

1.- Asignar unha bolsa a cada departamento ou instituto con función docente e investigadora que previamente o soliciten.

2.- Despois se continua a lista atendendo ao criterio de premiar a produtividadedestes en base á formula: Media de teses lidas nos tres últimos anos multiplicado por cen e o resultado dividilo polo número de profesores que teñen os mesmos. En canto se termine esta lista se formaría un bucle coa mesma, isto é se volvería a comezar polos departamentos ou institutos con ratios máis elevados.

O portal da USC "Emprendia", pioneiro no eido do emprendemento universitario nacional, facilita o acceso á información e aos recursos necesarios para a creación de empresas innovadoras. O portal electrónico da USC "Emprendia" (www.emprendia.es) xurdiu no ano 2003 no marco de Uniemprende, o programa de creación de empresas da Universidade de Santiago. Dende entón converteuse no primeiro, e polo momento no único, portal de emprendemento universitario no ámbito nacional, dedicado a ofrecer información e servizos aos emprendedores. Recibe unha media de 25.000 visitas mensuais, procedentes de diferentes puntos de España e Portugal e tamén de Arxentina, México, Venezuela, Chile e Uruguai. ...
A empresa galega Bit Oceans, participada por Unirisco, desenvolve unha tecnoloxía que evita a falsificación de documentos. A empresa galega Bit Oceans, constituída en xaneiro deste ano, desenvolve unha tecnoloxía que evita a falsificación de documentos. É unha spin-off da Universidade de Vigo e está participa por Unirisco Galicia, a sociedade de capital risco impulsada pola USC. Recibiu o primeiro premio no concurso de empresas de base tecnolóxica que promove a Universidade compostelá. ...
Investigadores da USC tratan de optimizar a produción da semente de ostra que se cultiva en Galicia, xa que na actualidade é moi escasa. Un equipo de investigadores da Universidade de Santiago traballa nun proxecto destinado a optimizar a produción de semente de ostra plana europea, a variedade autóctona que se cultiva en Galicia e no resto de Europa. Colaboran nesta experiencia coa empresa Inprocar, situada en Ribeira (A Coruña). ...
3ª edición Premio Jaime Fernández de Araoz sobre Corporate Finance 2009. ...
Convocatoria 2008 de subvencións correspondentes a accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica (Diverciencia) no marco do Programa de comunicación e sensibilización social (CSS) do Plan galego de Investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Incite).. ...
Convocatoria de subvencións para accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica (DIVERCIENCIA).

Con data 13 de xuño de 2008, nº 114, foi publica no DOG, convocada pola Consellería de Innovación e Industria - Xunta de Galicia, a Convocatoria de " ... subvencións correspondentes a accións de comunicación e divulgación científica e tecnolóxica (DIVERCIENCIA) ... ".

O prazo para presentar a solicitude remata o día 14 de xullo e deberán ter en conta para cubrir e obter os formularios até as 24 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, artigo 1º.2.b).

Poderán atopar tamén información no seguinte
Documento

Bolsas para estadías de investigación en centros de fóra de Galicia destinadas a beneficiarios das axudas do Programa Ángeles Alvariño (Programa de RHS-2007).. ...
Investigadores da USC buscan mellorar a calidade da cornamenta no cervo ibérico para optimizar o seu rendemento económico. Un equipo de investigadores da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago está a desenvolver un proxecto centrado no estudo dos indicadores de calidade no cervo ibérico, en colaboración con investigadores da Universidade de Castilla-La Mancha. A finalidade é coñecer a relación entre a composición mineral da cornamenta no macho e a calidade da produción de leite na femia con respecto a determinados parámetros hormonais. ...
I Premio Internacional Julio Sáez de Investigación en erencia de Riscos e Seguros.. Para máis información contactar con María Teresa García Moro
administracion@agers.es
ou ben Gonzalo Iturmendi Morales
Tel. 915628425 ...
Bolsas para a formación de investigadores en centros de investigación de excelencia no estranxeiro, da Fundación Juana de Vega.. Dirixido a titulados superiores con título de doutor, co obxecto de que poidan desenvolver un traballo de investigación que complemente a súa formación de terceiro ciclo, en centros de excelencia estranxeiros, por un periodo mínimo de 12 meses, prorrogable por outros 12 e sobre temas relacionados coas seguintes áreas: agricultura, gandeiría, acuicultura, medio ambiente e recursos naturais e enexías renovables.
O número previsto para esta convocatoria é de dúas bolsas. ...
Oferta tecnolóxica de EIBT de Parques Científicos e Tecnolóxicos participantes no Programa CEIPAR. Sector: Aeronáutica e Automoción.. EUROGALLEY AIRCRAFT INTERIORS SL
Colaboración: Búscase colaboración para desenvolvemento de novos produtos en conxunto por parte de grupos de investigación constituidos en universidades integrados nas seguintes disciplinas: Física, química, informática.

Demanda tecnolóxica de EIBT de Parques Científicos e Tecnolóxicos participantes no Programa CEIPAR. Sector: Información, informática e telecomunicacións.. HOMINEX GLOBAL.
Búscase innovación colaborativa nos seguintes proxectos:
1. Colaboración en I+D: integración e combinación de TICs e procesos de Innovación
Colaborativa con outras tecnoloxías e procesos de xestión.
2. Colaboración en proxectos donde aplicar a tecnoloxía de Hominex como soporte do proxecto

http://imaisd.usc.es/rss.asp |